A Liga

A Liga Estudantil Galega é «unha organización estudantil que busca un ensino público, galego, democrático, de calidade e non patriarcal. Somos unha organización aberta, que se rexe pola democracia interna e o asemblearismo, con independencia de calquera outra organización estudantil ou política. Pode participar na Liga calquera estudante de ensino medio, formación profesional ou Universidade que concorde cos nosos principios. A nosa acción vai encamiñada á transformación do modelo actual de ensino, pero tamén ao conxunto da sociedade.»

A Asemblea de Filoloxía da Liga, amais de participarmos en todas as mobilizacións e actos organizados a nivel nacional ou local, adoitamos centrar a nosa actividade en cuestión de lingua, literatura e cultura. Desde a nosa constitución, hai xa dous anos, temos como obxectivo a organización dunhas xornadas anuais (as homenaxes a Neira Vilas, a Celso Emilio Ferreiro e aos  50 anos do Día das Letras Galegas son as que preceden a estas), xunto con outras accións que vaian xurdindo ao longo do curso.

5619609730_e1b8bc420c_b

Se queredes participar connosco, só tedes que pasarvos por algunhas das nosas asembleas. E, se tedes algunha dúbida ou suxestión, podedes enviala a ligaestudantilgalega.filoloxia@gmail.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s